O concello de Boiro, con 31 casos, pasa a nivel alto
Boiro estrea restricións de tipo alto nunha mañá solleira e morna, e cos veciños deixando case repleta a ocupación permitida na hostalería. De novo, os bares e restaurantes só poden atender en terraza e ao máximo do 50 %.
Nunca é doado detectar o caso inicial dun gromo, pero na comarca da Barbanza moitos consideran que os de Boiro son contaxios secundarios derivados do gromo da Pobra, que está en nivel máximo desde o venres con 51 casos activos.
En Boiro hai hoxe 31 e os veciños non eluden responsabilidades. Aseguran que moitos quizais, están baixando a garda. É unha das localidades que máis está a sufrir a terceira vaga da covid.
O concello estivo perimetrado de decembro a febreiro e chegou a ter 270 casos, unha incidencia que foi o triplo da de hoxe e á que esperan non regresar nunca máis.