CRTVG

Buscar

O concello de Barreiros restrinxe o uso da auga para garantir a subministración

Publicado o 18/08/2021 21:12

Un ano máis, durante o verán o concello de Barreiros restrinxiu os usos non prioritarios da auga para poder garantir así o subministro para todos os os veciños. Estímase que este verán a poboación de Barreiros multiplicouse case por cinco. Todos teñen o abastecemento da auga garantido e o subministro está normalizado, o que nos comunican dende o concello é que son medidas para evitar que se malgaste a auga no verán.

Unha das veciñas do concello considera que as medidas son boas e ela rega as súas plantas ornamentais coa auga do pozo. Para o seu home, os problemas que houbo coa avaría hai dúas semanas están relacionados coa antigüidade das instalacións.

Outra veciña tamén ten queixas relacionadas coa traída da auga. A ela éntralle na casa por unha mangueira. Uns veciños encheron a súa piscina a principios do verán e tamén regan o xardín coa auga do seu pozo, pero non concordan co decreto do día 7.

Segundo comenta a alcaldesa, Ana Hermida, os depósitos xa están recuperados dende esta noite, pero debido ao consumo elevado que hai nesta época, a medida vaise manter de xeito preventivo.

 

Noticias web

18/08/2021