CRTVG

Buscar

O concello da Merca prohibe o consumo de auga da traída

Publicado o 29/10/2019 14:39

O Concello ourensán da Merca prohíbelles aos veciños consumir a auga da traída porque presenta uns niveis moi altos de trihalometanos, o que fai que a auga non sexa apta para beber nin para preparar os alimentos. Esta medida afecta máis de 1.500 veciños. Hai unha semana que publicaron o bando e desde entón aseguran que teñen que consumir a auga das fontes, dos pozos particulares ou mercala.

Os veciños quéixanse da falta de información e tamén de que o Concello non os estea abastecendo. Desde o Concello aseguran que están a traballar para solucionar o problema. Din que van facer unha obra en que investirán uns 100.000 euros para facer un vaso de decantación no depósito para evitar a contaminación. O alcalde da Merca asegura que no prazo dun mes o problema podería estar solucionado.


 

Noticias web

29/10/2019