CRTVG

Buscar

O Concello cifra nuns 2.000 graffiti para limpar en paredes e muros da cidade

Publicado o 17/05/2021 14:37

Portais, paredes, escaparates. mobiliario urbano. Mire onde se mire, non hai centrímetro que quede sen pintar na cidade da Coruña. Pero zonas como esta de Orzán levan a peor parte. Os veciños din que non se opoñen aos graffiti artísticos, pero si ás pintada sen xeito que profileran nesta zona.

Veciños e comerciantes non só denuncian a lamentable imaxe que presenta esta zona da Coruña, onde se contabilizan máis de medio millar de pintadas, tamén din que xa están fartos de pagar para eliminar eses graffiti porque non vale de nada.

A situación é tal que o concello da Coruña mesmo ten contratada unha empresa de limpeza que cifrou en preto de 2.000 o graffiti que ensucian a cidade. Pintadas que ocupan máis de 268.000 metros cadrados, ou o que é o mesmo, uns 55 campos de fútbol.

 

Noticias web

17/05/2021