CRTVG

Buscar

O cómputo de datos electorais, mediatizado polos comicios europeos

Publicado o 25/05/2019 15:00

No centro de datos todo está preparado para seguir unha xornada electoral na que concorren tres eleccións, dúas en Galicia. O ministro de Interior, Fernando Grande-Marlaska, supervisou hoxe o dispositivo preparado para facilitar e coñecer os datos de 37 millóns de votantes. Sobre as once da noite comparecerán o propio ministro e a voceira do Goberno, Isabel Celáa, para dar conta dos resultados en clave europea. Ás doce da noite ofrecerán outra rolda de prensa para resumir os datos definitivos dos comicios municipais.

INSERTO. Miguel Ángel Oliver. Secretario de Estado de Comunicación

Aínda que as primeiras eleccións que se computan son as europeas, desde as nove da noite, Interior comezará a difundir os datos que lle vaian chegando sobre os comicios municipais na web habilitada para esta cita electoral. Neste caso, o orzamento supera o das eleccións xerais.

INSERTO.Isabel Goicoechea. Subsecretaria de Interior.

Preto de 93.000 policías e gardas civís encargaranse da seguridade desta tripla cita electoral e o despregamento vai acompañado da posta en marcha do nivel 4 de alerta antiterrorista.
 

Noticias web

25/05/2019