CRTVG

Buscar

O Compostela recibe o líder Unionistas para comezar a primeira volta (este sábado ás 16:30 h, na TVG2)

Publicado o 15/01/2021 21:08

O Compostela volve á competición despois dun mes do último partido, o de Copa en Eivisa. Mañá retoma a liga recibindo o líder, o Unionistas. Será a partir das 16:30 h, nun partido que poderán ver pola TVG2. Curiosamente, o cadro de Iago Iglesias non volveu perder desde que se enfrontou aos salmantinos, na primeira xornada de liga. O Compos ten pendente o partido da última xornada co Salamanca, adiado polo temporal de neve. O de mañá é, polo tanto o primeiro do ano e á vez o inicio da segunda volta. E vai ser ante o rival máis forte, polo momento, no seu grupo. Jimmy, S. D. Compostela: "A ver como chegamos despois deste parón... Espero que sexa para mellor. É un equipo dos máis difíciles agora mesmo, vai de primeiro con cinco puntos de vantaxe sobre o segundo. A ver se damos "a badalada" e gañámoslle ao líder."

 

Noticias web

15/01/2021