O Compostela perdeu na prórroga ante o Eivisa e despídese da copa
Publicado o 17/12/2020 22:11
O Compostela despediuse da copa. Caeu na prórroga 2-1 diante do Eivisa. Adiantouse ben cedo o equipo mallorquino. Ían apenas 5 minutos cando Siba conectaba unha testada que superaba a Pato. Soubo reaccionar o Compostela. Un balón en profundidade para a velocidade de Miguel Villar converteuse no empate. Brais Abelenda aproveitaba o pase da morte para facer a igualada a 1.
Con ese empate chegouse ao final dos 90 minutos. O Compostela aguantou ata o minuto 108 de partido. Entón Castel fixo un auténtico golazo. O Compostela despídese da copa na prórroga.