O Compostela, nove xornadas sen perder, pecha o ano como líder da Terceira
Publicado o 23/12/2019 16:46
Na Terceira galega, o Compostela pecha o 2019 como líder. Leva 9 xornadas sen perder. Onte derrotou o Choco por 2 goles a 0, cos goles de. Primo e David Soto.
Outro protagonista segue a ser o meta Pato Guillén, que non recibiu goles e suma 777 minutos invicto. O Compostela supera nun punto o Ourense Club de Fútbol, que gañou no campo do Alondras.