O compositor Nani García estrea 'Danza', unha homenaxe a Carvalho Calero
Publicado o 04/11/2020 18:01
O ano de Ricardo Carvalho Calero non está a ser doado. O Consello da Cultura Galega programara o seu Concerto das Letras para o Teatro Jofre de Ferrol. As novas medidas contra a Covid impediron a estrea con publico de 'Danza', unha obra de Nani García sobre un poema de Carvalho. Finalmente o Taller Atlántico Contemporáneo estreouna en liña.