O Comité de Expertos do Camiño constata a recuperación de xente nas rutas
Publicado o 26/07/2021 14:46
O vicepresidente da Xunta Alfonso Rueda reuniuse esta mañá en Santiago co Comité Internacional de Expertos do Camiño.
A xuntanza desta mañá tiña como finalidade ultimar os preparativos do Congreso Internacional da Ruta Xacobea. Rueda recoñeceu que a peregrinación a Santiago está collendo cada vez máis forza a pesar da pandemia e agradeceu a contribución que fan os expertos no Camiño.