O comité de empresa advirte que a proposta de Ritz Carlton non asegura a viabilidade de Barreras
Publicado o 25/11/2019 15:16

O presidente do comité de empresa de Barreras insiste en que o futuro do estaleiro non pasa pola conclusión dun só barco.
Sergio Gálvez fixo estas declaracións tras unha xuntanza coas deputadas do Grupo Común da Esquerda Luca Chao e Paula Quinteiro.
O presidente do comité dixo que o preacordo para que Ritz Carlton tome o control do 75 por cento da empresa non garante a viabilidade de Barreras nin os postos de traballo.