CRTVG

Buscar

O comité de Alu Ibérica concéntrase ante a Delegación do Goberno para pedir a dimisión de Maroto

Publicado o 15/06/2020 20:11

Traballadores de Alu Ibérica na Coruña protagonizaron unha nova protesta, nesta ocasión ante a Delegación do Goberno en Galicia, para reclamar unha saída industrial que garanta a continuidade da planta e o emprego.

Con carteis pedindo a dimisión da ministra de Industria, Reyes Maroto, e con pancartas contra o peche e reclamando a intervención dos ministerios de Industria, Traballo e Transición Ecolóxica, un grupo de traballadores concentráronse ante este organismo, na praza de Ourense. 

O presidente do comité de empresa, Juan Carlos López Corbacho, criticou que non haxa aínda data para un novo encontro da mesa técnica.

"Que o ministerio se comprometeu a convocar de maneira urxente a reunión fracasada do día 11", expuxo.

"A nivel estatal, os sindicatos reprobaron á ministra de Industria hoxe", subliñou tamén Corbacho, que reclamou a intervención deste ministerio e tamén dos de Industria e Transición Ecolóxica para "resolver" a situación na que se atopa a planta.

"É inaudito que esteamos así", recalcou Corbacho ao reclamar unha solución ao Goberno.

Noticias web

15/06/2020