O comité de empresa de San Cibrao urxe á expropiación da factoría
Chegou o anuncio que ningúen quería, pero que todos temían, e para o que se viñan prepando. O comité de empresa ultima a cautelarísima que presentarán a próxima semana no xulgado para impugnar o ere. Non permitirán a parada das máquinas e piden á Xunta e Goberno que movan ficha, e isto é intervir a planta.
"Esperamos que nestes días a Xunta e Goberno se movan. Non imos deixar de loitar de aquí a marzo, se queren parar as cubas estaremos en fronte", manifestou José Antonio Zan, presidente do comité de empresa. "Comprometéronse a que nos ían apoiar e que non se ían parar as cubas nin un minuto. Así que seon eles os que nos teñen que apoiar e responder a esta guerra que lles acaba de abrir Alcoa", asegura Zan.
O Goberno di que se valoran todos os escenarios e que a decisión unilateral de Alcoa leva a un conflito duro e innecesario.
"Isto levanos a un conflito cruel e innecesario cando había posibilidades de solucións alternativas. Aquí o que hai que ver é como protexer os traballadores e a planta", di Raúl Blanco, secretario de Industria.
Os traballadores anuncian que van intensificarán as protestas. "Nós seguimos no mesmo camiño, e o que temos claro é que as cubas non se paran", "aquí seguiremos pelexando ata que atopemos unha solución".
Man a man, loitan canda eles as empresas auxiliares. Entre uns e outros suman uns 1.000 postos de traballo que Alcoa quere deixar na rúa.