CRTVG

Buscar

A Pobra do Brollón, pendente da evolución dos contaxios e dun posible peche perimetral

Publicado o 04/04/2021 20:06

Actualmente é Beade o concello que segue tendo a incidencia acumulada máis alta de Galicia, pero hai outros municipios en que este indicador subiu nos últimos días.

Na Pobra do Brollón a incidencia en sete días situouse nos 184 casos por cada 100.000 habitantes, aínda que só houbo tres contaxios novos. Ademais, Sanidade segue pendente da evolución da pandemia na Pobra do Caramiñal, no Grove e en Carral e dun novo gromo localizado na Illa de Arousa.

O comité clínico que asesora a Xunta reúnese o martes para analizar os datos, con especial atención a estas zonas onde seguen aparecendo positivos. Moitos deste concellos soportan distintas limitacións de mobilidade, pero só un, Beade, está no nivel máximo de restricións, con peche perimetral e a hostalería clausurada.

O martes, o comité analizará se houbo algún cambio nas zonas afectadas. Comprobará se os contaxios son gromos limitados a un grupo familiar, se están xa controlados ou se son casos orfos que non estan relacionados co gromo inicial. Despois decidirá se endurece ou non as restricións de mobilidade.

Noticias web

04/04/2021