O comité clínico de Sanidade reúnese coa vista posta en Chantada, Sanxenxo e A Rúa
Chantada deixa a liña vermella de risco por covid pero os veciños non baixan a garda.
"Coidarnos, manter as distancias, non facer festas"; "Eu xa fixen tres PCR no traballo, dei negativo, pero en calquera momento pode xurdir un problema".
Coa mellora dos datos confian en que non se adopten novas restricións na vila, onde aseguran xa cumpren coas normas.
"Xa so saimos para facer as obrigacións e de ahí para a casa"; "Eu veño comprar e agora xa me meto na casa e non volvo saír".
Menos favorable é a evolucion de Sanxenxo. Con 77 casos activos e preto de 200 veciños en corentena, segue no punto de mira de Sanidade.
"Os datos non son bos, estamos a espera de que nos digan se entramos nesas restricións", María Deza, primeria tenente de alcalde de Sanxenxo.
O municipio acumula dúas semanas no máximo nivel de alerta por contaxios e podería pasar á lista de concellos con restricións máis duras, entre as que se inclúe o peche perimetral e da hostalería e restricións nas actividades non esenciais e nas xuntanzas.
"O que importa é a saúde"; "Todo o que sexa cortar a transmisión"; "Non palpo esa necesidade, espero que non o fagan, pero se o teñen que facer...".
O terceiro municipio baixo especial vixilancia era o ourensán da Rúa. Aquí a evolución permitiu desactivar as alertas por covid-19, o número de contaxios na última semana non supera os sete.