O comité clínico analizará a situación en mercados, feiras e congresos
Publicado o 20/04/2021 16:15
O comité clínico que asesora a Sanidade reúnese este martes e non se agardan grandes cambios nas medidas que xa se están a aplicar, salvo axustes nas restricións dalgúns concellos.
"En principio será unha reunión de axustes, pero tamén veremos outros aspectos de distintos ámbitos, como os mercados, as feiras ou dos congresos que traballaremos no comité", asegurou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.