CRTVG

Buscar

Vilanova de Arousa poderá reabrir o venres, pero con cautela polo elevado número de contaxios

Publicado o 12/05/2021 14:03

As mariscadoras, do sector primario, seguen a encher as praias de Vilanova coa marea baixa. Para elas o traballo continúa malia o confinamento municipal. Pero mesmo así, reciben como unha boa noticia a reapertura dos límites do concello a partir da noite do xoves ao venres.

Os veciños congratúlanse da boa evolución, que lles permite recuperar comunicación coas vilas veciñas. Menos Cambados, que segue pechado.

Na vila quedan aínda máis de 40 infectados e unha incidencia superior a 300 que aínda aconsella manter o concello en nivel alto, pero que permite desperimetralo e abrir a hostalaría en terraza. Xa poderán reunirse ata 6 conviventes en exterior, aínda que en interior seguen limitados a catro. E reabren tamén instalacións culturais, deportivas e ximnasios.

Pero tamén aseguran que e importante tomar conciencia de que hai que seguir tendo coidado para poder seguir mellorando. As novas medidas entran en vigor ás 00:00 horas do venres.

Noticias web

12/05/2021