CRTVG

Buscar

O comercio recupera o horario habitual e confía en recuperar clientela

Publicado o 17/02/2021 15:46

Cristina Couto prepara o seu negocio para o novo horario comercial que pode recuperar despois de tres semanas de restricións.

Coma ela, Martina Álvarez poderá atender desde hoxe unha clientela que non tiña doado acudir ao comercio noutro horario.

Con todo, os comerciantes din que a recuperación das vendas se notará máis cando poida reabrir a hostalería.

A extensión do horario aplicarase tamén nos centros comerciais de luns a venres, pero deberán permanecer pechados nas fins de semana. Unha medida que non é aplicable ás grandes superficies que non estean dentro dun centro comercial e que poderán abrir o sábado. Teñen a vista posta na recuperación da mobilidade.

O sector do comercio agarda con esperanza a campaña da primavera para ir recuperando, pouco a pouco, as vendas perdidas.

Noticias web

17/02/2021