O comercio electrónico impulsa o Black Friday por diante da campaña de Nadal
Publicado o 13/11/2020 21:42
Segundo o Observatorio Cetelem, baixa un punto o número de consumidores galegos que realizarán compras no Venres Negro pero aumentarán o seu gasto ata os 258 euros de media. Só o 6% dos 2.200 enquisados di que mercará en tenda física, o 67% faráo online. A previsión de aumento do comercio electrónico é de 19 puntos porcentuais.
A unha semana do Black Friday, os descontos xa se asoman aos escaparates. A moda abrangue máis da metade das compras, o calzado chega ao 42% e os xoguetes soben ata o 39%, 12 puntos máis có ano pasado.
O tirón do comercio dixital convirte ao Black Friday na época de máis traballo do ano, por riba da campaña de Nadal, para o 32% dos operadores de mercadorías segundo o Centro Español de Loxística.