CRTVG

Buscar

O comercio considerado non esencial botou o peche ás 18 h en toda Galicia

Publicado o 27/01/2021 22:22

Ás seis da tarde tocou baixar a reixa. Son as novas restricións polo empeoramento da situación da pandemia en Galicia. A medida afecta ás tendas de roupa e calzado e a todo o comercio considerado non esencial.

Coas novas limitacións, algúns decidiron manter aberto ao mediodía. Outros, abrir só polas mañás ou adaptar os horarios.

Nos centros comerciais, tamén tiveron que botar o peche ás seis; só manteñen abertas as portas ata as 21:30 establecementos considerados esenciais como supermercados ou tendas de alimentación de mascotas. Tampouco poderán abrir durante as fins de semana.

A Federación Galega do Comercio vaticinaba que nos primeiros meses deste 2021 podería pechar entre o 15 e o 20 % do pequeno comercio galego. Aínda así, para os comerciantes agora o primeiro é a saúde de todos.

Co este adianto horario de peche quérese reducir ao máximo a actividade para contribuír ao control da pandemia.

Noticias web

27/01/2021