CRTVG

Buscar

O combustible, na contorna do euro

Publicado o 02/04/2020 21:33

Son prezos que había tempo que non viamos. En varias estacións de servizo da provincia de Pontevedra e da Coruña o diésel está mesmo por baixo do euro. E se facemos unha media de toda Galicia ese prezo é de un euro con seis céntimos. Prezos baixos se temos en conta que a primeiros de mes se pagaban 22 céntimos máis.

Pasa o mesmo coa gasolina de 95 octanos, a máis consumida, que comezou o mes 27 céntimos máis cara do que se está a pagar agora.
Descenden os prezos xusto nun momento en que o consumo tamén está baixo mínimos. Para que se fagan unha idea, hai uns días os empresarios do sector da provincia da Coruña calculaban que a caída das vendas rozaba o 90 por cento. E tamén nolo corroboraban nesta gasolineira de Guitiriz.
 

Noticias web

02/04/2020