CRTVG

Buscar

O colexio San Francisco de Vilagarcía xunta 5 toneladas de alimentos para doar

Publicado o 17/12/2020 14:19

Foi mes e medio de dedicación a unha tarefa solidaria como proporcionar alimentos a quen carece deles a que fixeron no colexio San Francisco de Vilagarcía. Puxeran como obxectivo conseguir unha tonelada, pero a cifra foi amplamente superada.

Superaron as catro toneladas e mesmo, e mesmo contan con superar as cinco cos produtos que aínda teñen pendentes de recoller. Parte deles están no almacén de Cáritas, que colabora na iniciativa e fai a repartición. 

Na consecución deste reto tiveron unha achega importante as familias dos escolares. Só nun día xuntaron máis de 2.000 quilos. Tamén puxeron o profesorado e o alumnado. A recollida empezou en novembro co pastas e acaba esta cos doces de Nadal.

 

Noticias web

17/12/2020