O Colexio Médico da Coruña crea unha app para fomentar o sexo seguro e evitar as ETS
Pedro Taboada participou como estudante voluntario de Medicina no desenvolvemento desta aplicación para previr embarazos non desexados e enfermidades de transmisión sexual. Inclúe un apartado para resolver dúbidas frecuentes e un xeolocalizador para indicar onde conseguir a pílula do día despois.
A aplicación é o resultado do esforzo colectivo do Colexio Médico da Coruña e a Fundación San Rafael, que quixeron loitas contra mitos e tabús que están a provocar que as enfermidades de transmisión sexual duplicasen a súa incidencia na última década.
"Mozos que pensan que a marcha atrás funcionan ou non sabían que co sexo oral se poden transmitor as ETS" di Pedro Taboada, licenciado en Medicina .
"Agora non é que vexamos máis sida, é que vemos máis herpes xenital, sífilis, gonorrea", explica Elvira Someso, médica de Atención Primaria.
Alertan tamén sobre a nociva influencia do porno a idades temperás.
Unha app para unha formación integral en sexo seguro que xa coñecen 1.800 alumnos da provincia da Coruña.