O colexio de Moreda, en Vilalba, ponlle cor a unha campaña para conseguir máis alumnos
Publicado o 25/10/2019 14:09
Foi no 86 cando botou a andar o colexio do lugar de Moreda, en Vilalba. O número de alumnos diminuíu co paso do tempo e a comunidade educativa teme polo futuro deste colexio, por iso, para revitalizalo, puxeron en marcha unha colorida e divertida iniciativa que busca atraer novas matriculacións.
O despoboamento do rural e a baixa natalidade nótanse e moito neste colexio rural.
Os alumnos tanto de infantil coma de primaria participan de cheo en todas as actividades.
Aquí son máis que compañeiros e amigos, forman unha gran familia que fai deste centro un colexio de conto.