O Colexio de Médicos denuncia os responsables das áreas de Pontevedra e Vigo pola sobrecarga de traballo
Publicado o 30/07/2021 15:44

O Colexio de Médicos de Pontevedra denunciou pola vía penal aos dirixentes das áreas sanitarias de Pontevedra e Vigo. Aseguran que xa hai moito tempo que os profesionais veñen advertindo da sobrecarga de traballo que sofren, co risco para a súa saúde e para a correcta atención aos pacientes. Queren que se depuren posibles responsabilidades. As demandas xa foron admitidas a trámite nos xulgados de instrución.