CRTVG

Buscar

As farmacias ofrécense a dispensar as máscaras sen marxe de ganancia

Publicado o 14/04/2020 10:01

Hai poucas máscaras de protección no mercado e os prezos disparáronse.

Isabel Estévez, farmacéutica: "O que chega a través da cooperativa ten un prezo razoable, pero si que hai provedores externos que ofrecen prezos que son esaxerados, que non teñen sentido. Entón, nós aí non imos entrar".

Para evitar esa especulación, os farmacéuticos ofrécense a dispensalas coa tarxeta sanitaria.

Antonio Busto, vogal do Colexio de Farmacéuticos da Coruña: "Non se gañaría nada no caso das farmacias. Só se ofrecería a posibilidade de coller ese equipo de protección ao custo que marque o Goberno. Así evitaríanse as especulacións".

O problema é que moitas farmacias carecen de máscaras. Os pedidos que fan as distribuidoras son moi grandes e tardan en recibilos, pero, segundo o responsable dunha destas empresas, contan con que cheguen axiña.

Miguel Reviejo, membro do Consello Reitor de Bidafarma: "Esas cantidades tardan en servilas 3 ou 4 semanas. Nesta semana, se as cousas van ben, xa deberían entrar máscaras para que cheguen ás farmacias as primeiras cantidades".

Polo momento, faltan máscaras de todo tipo, desde as hixiénicas e cirúrxicas ata as de maior protección.

Noticias web

14/04/2020