O Colexio de Arquitectura Técnica de Lugo asesora de balde os hosteleiros
Cada fase da desescalada vai marcando que porcentaxe da superficie dos locais pode ser utilizada polos clientes, a súa distribución e o número de persoas que pode haber en cada zona, un proceso que suscitou dúbidas entre o empresariado. Por iso foi moi axeitada a iniciativa do colexio de arquitectura técnica de Lugo de ofrecer asesoramento de balde.
Carlos ten unha cervexaría e inicialmente tivo que pechar o seu negocio.
Despois, progresivamente, en cada fase adaptou o seu local ás porcentaxes de capacidade que foi indicando o goberno.
Galicia entra o luns na fase tres, co cal xa se poderá usar a barra do bar deixando dous metros de distancia e, tamén, os locais poderán encherse ata o 50% da súa capacidade e as terrazas poderán facelo nun setenta e cinco por cento.
O asesoramento gratuíto que reciben os hosteleiros nace ao abeiro dun convenio asinado entre o colexio de arquitectura técnica de lugo e a asociación provincial de hostelería.
Este colexio tamén publicou unha guía destinada aos particulares sobre o uso das vivendas durante o confinamento