CRTVG

Buscar

O Colectivo de Vítimas do Terrorismo denuncia o "pasacalles" a Agustín Alamaraz

Publicado o 25/08/2021 16:07

O Colectivo de Vítimas do Terrorismo, Covite, denunciou a través das súas redes sociais o que cualifica de "pasacalles" celebrado en Santutxu, Biscaia, ao expreso da ETA Agustín Alamaraz. Acusa a Sortu de "querer provocar" e de traspasar liñas vermellas.

O etarra saíu este luns do cárcere de Basauri tras cumprir 25 anos de condena polo asasinato de catro persoas entre 1993 e 1995.

No vídeo publicado por Sortu poden verse decenas de persoas percorrendo as rúas da localidade biscaíña con ikurriñas e bandeiras co lema "Os presos van á casa", música e aplausos.

Noticias web

25/08/2021