O colectivo de persoas xubiladas da CIG protesta nas sete cidades galegas
Publicado o 01/07/2021 14:34

A primeira reforma asinada hoxe polo Goberno e os axentes sociais non contenta as plataformas de pensionistas, que a ven insuficiente.
Esta mañá, o colectivo de persoas xubiladas da CIG concentrouse nas sete cidades galegas. Reclaman que se equiparen as pensións máis baixas ao salario mínimo, que está agora nos 950 euros. Tamén piden que se cree un servizo galego de atención, que se aumenten os fondos para a dependencia e máis prazas públicas en residencias.
Lembran que as pensións galegas son as segundas máis baixas do Estado, e que, por provincias, Ourense está na última posición.