CRTVG

Buscar

O colectivo de amas de casa pide crear un réxime especial que lles permita unha xubilación digna

Publicado o 20/10/2021 16:39

As amas de casa cobran pensións non contributivas moi cativas por non teren cotizado polo traballo feito no fogar. Pois ben, este colectivo propón agora crear un réxime especial para ter dereito nun futuro a unha pensión de xubilación digna.

Traballan sen horario, cociñan, limpan, coidan... fan de todo dentro do fogar. Aseguran as amas de casa que a súa profesión sempre foi das máis ingratas. Poucos recoñecen o seu esforzo diario.

Un colectivo que na súa maior parte non cotiza á Seguridade Social malia estar desempeñando un traballo constante. Por iso propoñen cotizar para poder obter unha pensión.

Os autónomos aplauden esta proposta. Din que o Goberno ten que recoñecer este sector de traballadores en activo, a maioría deles mulleres.

Polo momento, ao non cotizar soamente poden optar a pensións non contributivas, ou solicitar o Ingreso Mínimo Vital ou a Renta Activa de Inserción, dependendo de cada caso.

Noticias web

20/10/2021