CRTVG

Buscar

O "Cocido Day" reúne máis de 200 restaurantes de todo o mundo a través das redes

Publicado o 23/03/2019 15:41

Xa pasou o Entroido, pero hoxe na Revista imos ir de cocido. Non crean que a data está escollida ao azar nin que imos estar en Lalín, porque este 23 de marzo vaise demostrar que un dos pratos máis galegos tamén é universal, vamos, que pode comerse e triunfa en calquera sitio, por exemplo, en Meaño, onde está Natalia Penas celebrando o Cocido Day, cóntanos de que se trata.

Máis de 200 restaurantes, entre eles tamén algunhas adegas galegas como @bodegasgranbazan apuntáronse hoxe a celebrar o Cocido Day, e non pensen que só en Galicia, hainos tamén noutros puntos de España, e mesmo en México, Italia ou Londres. Hoxe vaise demostrar que o cocido galego non ten fronteiras 

Noticias web

23/03/2019