O coche eléctrico é rendible se a carga se fai durante a noite
David mercou o seu coche eléctrico hai 3 meses e a suba da luz non lle quita o sono. "Ao principio impacta un pouco sobre todo polas noticias e todo pero despois na realidade e cun uso intelixente dos usos horarios é máis barato todavía", comenta David Campos, usuario de vehículo eléctrico.
El fixo números para facer unha lectura de consumos o máis axustada á realidade. "Se collemos un día calquera, estamos facendo por exemplo unha carga intermedia do coche case 5 horas de recarga e estamos facendo 0´83 céntimos. En 30 días estamos falando de 30 euros, canto gastamos en gasoliña?, claro que facéndoo de noite, de día é pura matemática, se vemos en canto está o custe da enerxía de día estamos falando de que se multiplica ao mellor por 10", apunta David.
Amosou unha factura do mes de marzo cando aínda non tiña coche eléctrico. Pagaba 75 euros. Agora programou non só o coche, tamén todos os electrodomésticos para traballar en horario nocturno. A sorpresa veu coa última do mes de agosto.