O COB perde cunha tripla no último segundo (77-78) e baixa a Leb Prata
Publicado o 18/05/2021 21:01
Unha tripla de Diego Kapelan a dous segundos para o final acabou co descenso do COB a Leb Prata. Perdeu co Murcia 77-78 no Paco Paz, un rival que con este triunfo xogará por ascender a ACB.
O partido foi dramático cun primeiro cuarto moi igualado. A partir do segundo os murcianos fóronse grazas ao seu acerto no tiro de tres (11 triplas na primeira metade) e chegaron a ter un +9 no terceiro cuarto.
Ourense reaccionou e conseguiu poñerse por diante a tres minutos para o final. O último minuto foi un cara ou cruz. Entrouse con empate a 73-73 e acabou coa decisiva canastra de Kapelan.