CRTVG

Buscar

O COB afástase do descenso e mesmo presenta candidatura para a fase de ascenso

Publicado o 18/04/2021 16:20

No grupo pola permanencia, tampouco faltou emoción no desenlace do partido do Ibereólica Renovables Ourense e o Basquet Xirona, cun decisivo intercambio de triplas no último minuto. Uriz colocou con vantaxe os galegos.

No ataque seguinte, o visitante Busquets puxo por diante o Xirona e Joan Tomás foi capaz de anotar a canastra decisiva, tamén de valor triplo. Aínda así, con dous puntos de vantaxe para os ourensáns, o Xirona tivo unha dobre oportunidade para lograr a canastra que levaría o partido á prórroga.

O COB suma unha importante vitoria para ampliar a diferenza coas posicións de descenso e para optar incluso á primeira posición que daría dereito a disputar a fase polo ascenso.

Noticias web

18/04/2021