CRTVG

Buscar

O Clúster do Naval pídelle a Navantia encargos de transición para evitar a perda de empregos

Publicado o 11/12/2019 15:12

Dende o Clúster do Naval alertan de que pasarán dous anos ata que lles chegue o seguinte programa de construción militar coas fragatas F-110. E pídenlle á empresa pública encargos de transición que eviten esa parálise e a perda de empregos. 

Manuel Vázquez, presidente do Clúster do Naval Galego: "Que supla esa carencia de carga de traballo porque imos perder coñecemento. Ao final cando se destrúe emprego, ese emprego trasládase a outros sectores, a outras zonas territoriais, destruímos coñecemento".


 

Noticias web

11/12/2019