CRTVG

Buscar

O Clúster Alimentario de Galicia prevé aumentar as exportacións en 2019

Publicado o 05/03/2019 18:25

O ano 2018 rematou con datos positivos para as empresas do Clúster Alimentario de Galicia. Se o concretamos en cifras, rexistraron un volume de negocio duns 8.000 millóns de euros, dos que 3.000 proceden das exportacións que medraron un 3% con respecto a 2017.
As expectativas, ademais, son optimistas con vistas ao futuro.

Juan A. Vázquez, presidente do Clúster Alimentario de Galicia: "Ese é o noso gran reto, o achegarnos as pequenas empresas con todos os cursos de formación, porque cremos que é onde máis podemos ofrecer, porque as grandes xa teñen os propios departementos de formación". "Eu creo que, afortunadamente, hai esa nova xeración máis cosmopolita, máis preparada, máis afeita a viaxar tamén, que aproveita as nosas ferramentas e que vende no exterior. E creo que imos seguir crecendo mesmo con cifras superiores ás dos últimos anos", di o presidente do Clúster Alimentario de Galicia, Juan A. Vázquez. 
O ano pasado, Galicia acadou un récord nas exportacións con 22.857 millóns de euros, un 5,4% máis que en 2017.

Isto supón que o 34% de todo o que se produce en Galicia véndese no exterior. Os principais destinos exportadores son Francia, Portugal, Italia, Reino Unido e Alemaña.



Noticias web

05/03/2019