CRTVG

Buscar

O Club Fluvial de Lugo reabre as súas portas con cita previa

Publicado o 25/05/2020 16:16

Regresa o deporte baixo teito neste emblemático club lugués. No ximnasio, na piscina, ou nas clases, os socios xa non teñen escusa para quedar no sofá.

Compre queimar as calorías do confinamento, pero con seguridade. Unhas cámaras miden a temperatura e recoñecen os rostros dos socios para darlles entrada. O deporte faise a distancia, e na sala, máis que a suor, ole a desinfectante...

O vestiario queda reservado para os nadadores, que volven con especial ansia despois dun confinamento que os deixou como peixes fóra da auga.

Para nadar ao aire libre haberá que agardar ao 8 de xuño. Mentres, pódese ir recuperando a forma no interior do club, xa saben, con cita previa e moitas ganas de recuperar a forma.

Noticias web

25/05/2020