CRTVG

Buscar

O Club Financeiro de Santiago premia a El Correo Gallego

Publicado o 10/12/2020 21:44

O Club Financeiro de Santiago acaba de entregarlle o premio excelencia empresarial ao xornal El Correo Gallego. O galardón recoñece os 143 anos que leva o rotativo da capital de Galicia saíndo á rúa malia as distintas dificultades que foron xurdindo. Os empresarios recoñecen o labor dos directivos do Grupo El Correo e do seu cadro de persoal.

O seu director defendeu o papel da prensa contra as noticias falsas e desmentiu aos que insinuaban que os xornais de papel poden transmitir o coronavirus.

"A Organización Mundial da Saúde foi tallante. Nunca se documentou a transmisión da covid a través do papel nin do seu uso compartido. Estudos de prestixiosos virólogos no Reino Unido afirman que os xornais son estériles debido a como se imprimen e aos procesos que utilizan", di José Manuel Rey Nóvoa, director de El Correo Gallego.

Noticias web

10/12/2020