CRTVG

Buscar

O Cisne non ten opcións na pista do poderoso Huesca (32-19)

Publicado o 21/03/2021 11:52

O Dicsa Modular Cisne mantense na última posición da Asobal logo de perder por 32-19 diante do poderoso Bada Huesca, que ocupa a terceira posición na liga. 

O parcial de saída (5-0) marcou o partido dun cadro pontevedrés que no primeiro tempo sempre foi a remolque o seu rival. Chegou a ter unha máxima diferenza de dez goles (14-4) e acabou indo ao descanso perdendo por 15-7. 

A segunda metade foi máis un intercambio de goles entre os dous equipos do que volveu a saír favorecido o Huesca que acabou gañando con claridade. Guilherme Valadao foi o máximo goleador do Cisne con catro tantos. 

Noticias web

21/03/2021