CRTVG

Buscar

O Cisne consuma o seu descenso

Publicado o 05/05/2021 21:49

Malas novas para o Cisne, o equipo pontevedrés consumou o seu descenso. Os de Jabato tiñan a difícil misión de sacar unha vitoria de Artaleku, a histórica pista do Bidasoa, segundo clasificado, e non tiveron ningunha opción. Dende o comezo, os vascos marcaron as diferenzas e xa ao descanso marcharon cunha renda de 9 tantos. Tentouno ata o final o Cisne, pero non houbo xeito. Aos pontevedreses quédanlles aínda catro partidos máis para desfrutar da división de honra nesta temporada histórica da súa estrea na Asobal.