O Cisne cae na casa 26-34 ante o Granollers
Publicado o 13/04/2021 22:07
O Cisne recuperou esta tarde o último dos partidos que tiña pendentes debido ao coronavirus. Recibiu no Municipal de Pontevedra o Granollers, un dos fortes da Asobal. Os de Jabato acababan de abandonar o cabeiro da clasificación e buscaban unha vitoria para seguir soñando coa salvación.
O inicio do partido foi para o Cisne, que sorprendeu de saída, aos 5 minutos gañaban 4-2 con Carlos Álvarez coma xogador máis inspirado. Pero aos poucos o conxunto catalán foi impoñendo o seu poderío para chegar ao descanso con 3 tantos de vantaxe. A diferenza foi aumentando a prol do Granollers na segunda metade ata quedar no definitivo 26-34.