O CIS reflicte un retroceso das dúas formacións do Goberno
Á media mañá coñecemos o barómetro do CIS de outubro. Desta vez, xa non pregunta pola xestión da pandemia. Eliminou esta cuestión da enquisa.
O CIS reflicte un retroceso das dúas formacións do Goberno. PSOE e Unidas Podemos baixan en intención de voto, mentres soben PP e Vox.
O CIS outórgalle ao PSOE unha estimación de voto do 30,8 por cento, o seu peor rexistro dende hai dez meses, antes de empezar a pandemia. O partido co que goberna, Unidas Podemos, retroce case un punto, ata o 11,7 por cento de intención de voto. O PP mantense como segunda formación, co 18,9 dos votos, seguida de Vox e de Ciudadanos.
O barómetro mantén á baixa a valoración de Pedro Sánchez. Obtén un 4,5 de nota. Aínda así é o líder máis valorado, seguido de Arrimadas, Iglesias e Pablo Casado, cunha nota dun 3,2.
Os membros do Goberno peor valorados son o vicepresidente Pablo Iglesias e a ministra de Igualdade Irene Montero