CRTVG

Buscar

O CIS amplía a vantaxe do PSOE cunha intención de voto do 31,3 %

Publicado o 16/03/2021 11:47
O CIS amplía a vantaxe do PSOE cunha intención de voto do 31,3 %

O barómetro de opinión do mes de marzo realizado polo Centro de Investigacións Sociolóxicas volve situar o PSOE na cabeza cunha estimación de voto do 31,3 % e ampliando a 13,4 puntos a súa vantaxe sobre o PP, xa que os de Pablo Casado baixan ao 17,9 %.

Tamén retrocede, e en maior medida, Unidas Podemos, que marca un 9,6 %. E quen máis sobe é Vox, que anota un 15 %, mentres que Cidadáns se mantén no 9,5 %.

A enquisa realizouse nos primeiros días de marzo, coñecidos os resultados das eleccións catalás e tras os incidentes nas protestas polo encarceramento do rapeiro Pablo Hasél, pero antes do acontecementos políticos desatados pola moción de censura en Murcia, a convocatoria de eleccións en Madrid e a saída de Pablo Iglesias do Goberno.