CRTVG

Buscar

O CIS amplía a 9,1 puntos a vantaxe electoral do PSOE sobre o PP

Publicado o 16/09/2021 12:52
O CIS amplía a 9,1 puntos a vantaxe electoral do PSOE sobre o PP

O Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) adxudica no seu barómetro de setembro 9,1 puntos de vantaxe electoral ao PSOE sobre o PP, ao apuntar un voto estimado para os socialistas do 29,6 por cento, dous puntos máis ca no barómetro de xullo, mentres que rebaixa o PP ao 20,5 por cento.

Nesta enquisa, cuxo traballo de campo se realizou entre o 1 e o 13 de setembro pasados, reflíctese un considerable aumento da distancia entre os dous principais partidos grazas non só ao crecemento atribuído ao PSOE, senón tamén a unha caída de 2,9 puntos no PP respecto á anterior mostraxe.

Entre as demais forzas políticas, Vox mantén a súa terceira posición e sobe ata o 13,8 por cento (dúas décimas máis), en tanto que Unidas Podemos se sitúa no 11,3 por cento de voto estimado con sete décimas máis, e tamén crece Ciudadanos, ao gañar un punto e conservar o quinto posto co 5,5 por cento.

Segundo a estimación de voto calculada polo CIS, o BNG obtería o 0,5 por cento dos votos totais.

Noticias web

16/09/2021