CRTVG

Buscar

O circuíto da Magdalena en Soutelo de Montes acolle outra proba do campionato galego de karts

Publicado o 02/07/2019 16:52

E seguindo coa precocidade de deportistas, pasamos por Forcarei. Este é o circuíto da Magdalena en Soutelo de Montes, o circuíto que acolleu outra proba do campionato galego de karts. En idade de formación. Preparando os pilotos do futuro. Rookys e categoría alevín. Nervios antes de empezar, rapaces inquietos. Todo ata que se poñen en marcha os motores. Unha festa para os máis cativos en fase de aprendizaxe. Moitos pilotos, moita rivalidade, rivalidade sa, e momentos máxicos durante a competición. Adrián Dopico e Martín Martínez foron os máis regulares.
 

Noticias web

02/07/2019