O cine e o glamour regresan a Cannes
Publicado o 06/07/2021 21:28
Comezou o Festival de Cannes, Francia, despois de que a pandemia o suspendera o ano pasado por primeira vez en 74 anos. A xornada inaugural está marcada polas medidas de seguridade pero tamén pola proxección da película 'Annette', de Leos Carax, e protagonizada por Marion Cotillard e Adam Driver. Momento especial o da entrega da man do cineasta español Pedro Almodóvar á actriz Jodie Foster dunha das dúas Palmas de Ouro de Honra do festival. un festival que, malia a covid, volve ser unha das citas máis glamourosas do cine e do verán francés.