O ciclocrós estatal reúnese en Pontevedra
Publicado o 10/01/2020 16:51
Non hai reto que Borja Gómez non afronte con ilusión. E malia que por primeira vez haberá unha proba para persoas con capacidades diferentes, Borja seguirá competindo cos rapaces da súa idade.
Galicia é unha potencia en ciclocross e este ano aspira a aumentar o número de medallas.
Unha das galegas favoritas ao título é Irene Trabazo. A marinense quere resarcirse do problema mecánico que a afastou das medallas o ano pasado.
Pontevedra batirá o récord de participantes con máis de 820 inscritos.