CRTVG

Buscar

O CHUS estrea unha nova alternativa terapéutica para os doentes de tremor esencial e párkinson

Publicado o 26/03/2021 14:24
O CHUS estrea unha nova alternativa terapéutica para os doentes de tremor esencial e párkinson

A Xunta converteuse na primeira administración de España en incorporar á sanidade pública os ultrasóns de alta frecuencia para doentes con tremor esencial e párkinson.

Emilio foi sometido onte no Hospital Clínico de Santiago a esta nova técnica que, segundo os especialistas que practicaron a intervención, foi un éxito. O emprego de ultrasóns de alta resolución é unha nova alternativa terapéutica para uns 600 doentes galegos que padecen estas dúas enfermidades e nas que os fármacos non son eficaces.

Noticias web

26/03/2021