CRTVG

Buscar

O Chicle volve á prisión de León á espera da sentenza

Publicado o 04/12/2019 09:57

O Chicle volve á prisión de León á espera da sentenza. Unha sentenza que se podería coñecer a semana que vén ou aínda a seguinte. Desde que finalizaou o xuízo e se coñeceu o veredito o sábado pasado o xuíz estimou que tardaría uns 10 días en emitir a sentenza.

Juan Carlos Quer quere que o legado que deixe a súa filla sexa unha sentenza que condene a José Enrique Abuín a prisión permanente revisable, que evite que outro caso así volva repetirse. Niso confía despois de coñecer onte o veredicto do xurado. Nunha entrevista para Televisión de Galicia dixo estar convencido de que só con esta lei se pode evitar que condenados como Abuín volvan atentar contra a vida dunha muller. Quer non cre na reinserción.

 

Noticias web

04/12/2019