O Chicle volve a Galicia o 31 de marzo para a vista de apelación sobre a reapertura do caso Diana Quer
Publicado o 20/02/2020 10:10
José Enrique Abuín, o Chicle, volverá a Galicia o 31 de marzo para estar presente nunha nova vista.
O asasino de Diana Quer abandonará a prisión de León para asistir á vista de apelación en que se decidirá se, como pide a súa avogada, se repite o xuízo pola morte e violación da moza madrileña.
A letrada no recurso afirma que o seu representado non contou cos dereitos e garantías dun procedemento xusto.